
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: San Xoán De Laíño
Lugar: Imo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Capela da Reitoral de San Xoán de Laíño, feita en pedra ben traballada con dous remates en forma de bola na fachada principal. Porta grande mirando ó leste cun pequeno ventanuco redondo encima do cal está o campanario de unha sola campá, que posiblemente non sexa o orixinal. Porta pequena de entrada para o cura polo patio da reitoral no nordeste. Ten forma rectangular con tellado a dúas augas con tella alicantina.
Longo 9,18m
Ancho 5,40 m
Altura do Campanario dende o chan 8 m
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000040142
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Foi construída como alternativa á Igrexa parroquial por ter esta moi difíciles accesos e con moi pouca asistencia de fieis. O párroco optou por dicir misa na capela todos os días a horas moi temperás para facilitar o traballo no campo. Co tempo e a mellora dos accesos á parroquial deixouse de usar diariamente. Pola súa situación no medio da aldea tamén se usaba para dar avisos coa súa campá.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Inventario do Patrimonio Etnográfico Inmobiliario da A. V. San Xoán de Laíño
PXOM Concello de Dodro
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7127584711Lonxitude: -8.72526884079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84