Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santo Estevo de Sandiás
Lugar: Sandiás
Outra denominación do ben: Reitoral de Santo Estevo de Sandiás
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Casa senlleira de forma rectangular construída en perpiaño e con cuberta a catro augas que se sitúa xusto ó carón da igrexa parroquial de santo Estevo. A data de construción e do século XVIII, tal e como aparece na inscrición na lumieira da porta de entrada feita no ano 1799 ou no 1755. Ten dous andares, no andar terreo, aparecen numerosas bufardas onde se situaban as cortes, etc. Na fachada principal destaca unha galería soportada por piares, onde no pasado puido existir unha solaina, así como un anexo con forma de garita


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000029074
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Fai uns anos cambióuselle a cuberta de tella e a carpintería de madeira da galería e das fiestras. Así mesmo, o Concello de Sandiás durante o ano 1998 rehabilitou parte das antigas dependencias do andar terreo (Onde se situaban as antigas cortes) para empregala como velorio municipal da parroquia. Posteriormente, o Concello de Sandiás a través dun Obradoiro de Emprego (2003-2004) embeleceu os accesos o templo e a reitoral realizando obras de empedrado, realización dunha fonte en pedra,…, así como a colocación de dous mazadoiros.


Referencias bibliográficas:

Fotografía en branco e negro do cruceiro, a reitoral e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás (Ourense) nun folleto publicitario das eleccións locais do ano 1979.
Fotografía en branco e negro do cruceiro, a reitoral e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás (Ourense) nun folleto publicitario das eleccións locais do ano 1979, as primeiras eleccións municipais da Democracia.

A contorna da Igrexa e a reitoral de Santo Estevo de Sandiás antes do seu empedrado polo Obradoiro de Emprego solicitado polo Concello (Ano 2000).
Antes - Ano 2000. A contorna da Igrexa e a reitoral de Santo Estevo de Sandiás antes do seu empedrado polo Obradoiro de Emprego

Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego (Maio 2004).
Ano 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego (Maio 2004).

Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego. Ó fondo vense as obras de apertura dunha nova rúa de acceso ó templo (Maio 2004)
Ano 2004: Obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego (Maio 2004).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1134117125
Lonxitude: -7.75489121675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84