Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Vilanova (San Pedro)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O hórreo corresponde ao tipo amaián, con construción mixta de pedra e madeira. Os tornarratos son de tipo mesa e van apoiados en todo o seu perímetro, nas catro cepas con pequenas ménsulas. Neles van apoiados os linteis que fan de asento ao tellado a dúas augas e cuberto con tella francesa. As faixas e doelas que conforman os claros da cámara son de madeira e deixan pequenos ocos para a ventilación. Os penais rematan con sobrepenas e nos cumes con pináculo e unha cruz. No penal norte está gravado o que podería ser o ano da súa construción 1888.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.790789075Lonxitude: -8.43263179064
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84