Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Sindrán (San Pedro)
Lugar: Susao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O día 19 de novembro de 2016 localizamos unha mámoa que só estaba rexistrada en Patrimonio como topónimo. Practicamente arrasada polos labores agrícolas, ten un diámetro duns 11 metros e unha altura dun 0,20 metros. Pola superficie vense pedras de xisto e cuarzo que puideron formar parte da coiraza. Nas inmediacións localizamos un posible esteo da cámara megalítica.

No cume do monte tamén documentamos os primeiros petroglifos do concello. Un veciño contounos que dende aquí partía un túnel por onde os mouros baixaban ata o castro de Susao e o río.

O achado foi comunicado ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo e ao Concello de Monforte.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

mámoas de Galicia (provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4987881998
Lonxitude: -7.42463350296
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84