Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Sindrán (San Pedro)
Lugar: Susal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Son os primeiros petroglifos documentados no concello de Monforte. Localizámolos o días 19 de novembro de 2016 a 665 metros de altitude. Trátase de tres penas de xisto con cadansúa coviña duns cinco centímetros de diámetro. Nas inmediacións atopamos unha pedra exenta cunha gravura naviforme de 10 centímetros de longo por tres de ancho moi suave ao tacto.
O mesmo día documentamos unha coviña nunha pedra granítica con pías naturais utilizada para facer a fonte que está no Parque dos Condes, na mesma cidade de Monforte, descoñecendo a súa procedencia (foto 2)
Os achados foron comunicados ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo e ao Concello de Monforte.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Petroglifos de Galicia (provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4991167392Lonxitude: -7.42130756378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84