Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Sindrán (San Pedro)
Lugar: Susao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Documentámolo o día 19 de novembro de 2016 grazas á información duns veciños. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 120 por 85 metros. Defendido por terrapléns, o desnivel do terreo e un foxo pola parte máis vulnerable.
Contáronnos que dende o Monte da Medorra (onde documentamos unha mámoa e os primeiros petroglifos do concello) parte un túnel por onde os mouros baixaban ata o castro e o río dos Covos.
O achado foi comunicado ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo e ao Concello de Monforte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Castros de Galicia (provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5069948413Lonxitude: -7.4241399765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84