Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Becerreá
Parroquia: Vilamane (Santa María)
Lugar: O Marco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O día 24 de agosto de 2016, integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares localizamos un nova mámoa sen catalogar no concello de Becerreá. Atopámolas na Serra de Vilamane, no monte coñecido como O Marco, a 966 metros de altitude.

Ten uns 11 metros de diámetro e unha altura de 0,80 metros. Sufriu unha escavación furtiva tal como se aprecia no cráter de violación central duns 2 metros de diámetro. Deste cono central sobresaen varias pedras que formaban parte da cámara funeraria e que, debido á violación ou ben pola acción da maquinaria pesada ao plantar o monte con piñeiros, foron partidas. Sobre a mámoa obsérvanse gran cantidade de pedras de pequeno tamaño que formaban parte da coiraza pétrea.

O achado foi comunicado ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo e ao Concello de Becerreá.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mámoas e castros do Concello de Becerreá: arqueoancares.blogspot.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9408900714
Lonxitude: -7.14102745056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84