Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cervantes
Parroquia: Quindous (San Xusto)
Lugar: Savane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Localizado o día 7 de xuño de 2016 polo Colectivo Patrimonio dos Ancares. A mámoa, duns 11 metros de diámetro e 1,5 de altura, conserva no seu interior gran parte da cámara megalítica de forma poligonal composta por sete ortostatos verticais, algúns cortados, e que ten unhas medidas de máis de dous metros cadrados da que semella partía un corredor pouco desenvolvido orientado cara o sur-leste. A tampa cobertoira desapareceu, posiblemente destruída cando profanaron o enterramento para buscar “tesouros”. O túmulo está cuberto de maleza e rebolas.

Este enterramento atópase non moi lonxe doutros dous túmulos que tamén descubrimos os do noso colectivo no mes de febreiro de 2016.

No mes de xaneiro de 2017, dende o Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo comunicáronnos que, despois da visita dos técnicos, xa foi catalogada.

Despois de varias xestións diante do Concello conseguimos que limpara de maleza os tres túmulos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude:
Lonxitude:
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84