Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Incio
Parroquia: San Salvador do Mao
Lugar: Valbón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Documenteino o día 18 de xaneiro de 2017, grazas a un veciño da parroquia de San Salvador do Mao. Chamoume a atención que non estivera catalogado xa que é un castro de manual. Presenta unha planta de forma ovalada, defendido por fortes pendentes sobre o río Mao polo nor-leste.

O resto do recinto estaba protexido por unha muralla de terra e pedras que nalgúns tramos acada unha altura de tres metros.

Segundo a lenda, estivo habitado polos mouros e hai soterradas xoias de ouro. O terreo próximo recibe o nome de Balacastro (posiblemente unha forma deturpada de Valcastro) debido, dise, ás balas que os mouros disparaban dende o castro.

O día 24 de febreiro de 2017, dende o Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo comunicáronmme que, despois da visita dos técnicos, xa foi catalogado.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castros de Galicia (provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7017008974
Lonxitude: -7.29869842529
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84