
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Laxe
Parroquia: Nande (San Simón)
Lugar: Matío, Adro da Igrexa- Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma e cun pedestal cuadrangular e cunha mesa acaroada. O varal é circular que soporta un capitel cuadrangular moldurado. A súa cruz é cuadrangular, presentando no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e o pé dereiro sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita sen coroa. O seu pano de pureza vai sen nós. A imaxe esculpida do Cristo é en baixorrelevo. Non hai imaxe no reverso. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000041529
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA100.PDF (Pax. 5).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA106.PDF (Pax. 3-4).
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1760577249Lonxitude: -9.01903510094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84