Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Borneiro (San Xoán)
Lugar: Borneiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX, Século XX,
Descrición:

Igrexa de planta de salón, composta por un presbiterio cadrado e unha nave rectangular. Apegado ó muro norte do presbiterio atópase a sancristía. A ábsida está cuberta cunha bóveda de crucería sinxela volteada sobre falsas ménsulas. A estructura da cuberta da nave é a dúas augas con entramado de madeira e a cuberta da ábsida é a catro augas rematada cun pináculo no centro e con cubrición de tella curva do país. No muro sur hai un amplo ventanal rectangular, enreixado e no norte unha xanela máis pequena. No tramo central do muro ábrese unha porta alintelada e sobre ela, unha xanela rectangular enreixada. No muro norte hai unha estreita xanela rectangular na parte superior.
A fachada principal, de gran sobriedade, amosa cantería con pezas de corte irregular, anchas e grosas na parte inferior e máis estreitas na parte superior. Segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de entrada de grandes doelas, unha xanela rectangular abucinada, e rompendo o vértice do pentágono, a base da espadana de dous corpos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo con arco central rematado por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa e, flanqueado por dous pináculos piramidais. Á esquerda da espadana hai unhas escaleiras con baranda de forxa para o acceso ás campas.
A igrexa data, ó menos, do ano 1681, aínda que se pode data-la base estructural de San Xoán no século XVI, a través das grandes doelas da porta e as características do arco triunfal do interior. Mais a maioría das estructuras arquitectónicas que chegaron ata nós leváronse a cabo ó longo do século XVIII. A espadana data do ano 1826 e a sancristía é do primeiro terzo do século XX.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA004.PDF (Pax.8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1898675729
Lonxitude: -8.95292669535
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84