Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto
Lugar: val fluvial do río Lourido, Corcoesto.
Outra denominación do ben: Altar fluvial do Lourido
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dun ben cultural etnográfico (pedra peculiar con lenda). O uso histórico e actual é o de altar fluvial. O contexto cultural é o de culto ás augas, á vida, á saúde e á fertilidade, de cronoloxía descoñecida.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Xa desde tempos inmemoriais a veciñanza colocaba sobre do altar herbas da marxe do río atadas nun ramillete durante varias noites. Antes de que secaran por completo recollíanse e levábanse para a corte do gando. A tradición aínda se conserva hoxe en día. Entre as herbas empregadas están: sabugueiros (Sambucus nigra), amentas do lobo (Lycopus euopaeus), abrótegas (Asphodelus albus), fiúnchos (Foeniculum vulgare), estralotes (Digitalis purpurea), espadainas (Iris pseudacorus).


Historia recente do ben:

Trátase dun altar fluvial, incluído no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia co código SI.000045213, identificado coa denominación de “Altar do río Lourido”, localizado na marxe do río Lourido, na parroquia de Corcoesto, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).
O altar ubícase entre o antigo camiño real que conducía de Corcoesto á parroquia veciña de Valenza (Coristanco), a través dunha pontella, e o río Lourido.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non.


Onde está localizado

Latitude: 43.2111577113
Lonxitude: -8.82932782173
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84