Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Cullergondo (Santa María)
Lugar: A Cerca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo formado por tres naves rectangulares, colocadas en U xunto co patio, co que forman un cadrado. A vivenda en si está formada por dúas naves en L; con saeteiras na fachada, sendo a terceira nave un pendello. O edificio é a dúas alturas, as cubertas son a catro augas de tella e os muros son de cachotería agás nos esquinais e nos enmarcados dos ocos con cantería á vista. Está delimitado por un muro de cachotería que pecha o conxunto cunha porta alintelada de cantería servindo de entrada, rematada cunha cruz sobre pedestal no eixe e ameas nos laterais. Tamén é salientable a presenza dun fermoso escudo nunha das fachadas, sendo un escudo cuartelado en cruz coas seguintes armas: primeiro cuartel, Os Gaioso; no segundo, Os Puga; no terceiro, unha das moitas variantes dos Freixomil, figurando, tan só, o freixo sen as bandas; no cuarto, os Moscoso. Como tenantes dúas serpes aladas, cos seus rabos enroscados ó carón da barba do escudo, características das primitivas armas dos Baamonde. Ó timbre dúas cabezas de lobo.
Segundo informaron os propietarios a Xosé Antón García no seu libro, “Heráldica de Abegondo”, na mesma casa había outra pedra armeira que foi levada a outro lugar nos anos setenta do século XX. Polo oco deixado na parede era dun tamaño inferior a esta.
Este é un exemplo máis de pazo que conserva a súa capela anexa e un pombal que xa non pertence ó pazo a causa da parcelaria a finais do século XX.
Os primeiros señores do pazo foron Don García Sanjurjo Montenegro e Dona María Yáñez de Ramil.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
– GARCÍA G.-LEDO, X.A.: “Heráldica de Abegondo”. 1994.
– SORALUCE BLOND, J.L.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca005.PDF (Páx.8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2133029359
Lonxitude: -8.23235884312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84