Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Castrelo de Miño (Santa María)
Lugar: O Padreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situada sobre a parte máis alta dun outeiro a 104 m.a.s.n.m. e integrada no núcleo de Santa María, esta igrexa é unha edificación feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular dunha soa nave, con cuberta a dúas augas e pináculos nos extremos. O conxunto posúe tamén unha ábsida semicircular e unha torre de planta cadrada, os dous elementos datados no século XII.
Os inicios da igrexa son do século XII, aínda que foi reconstruída no ano 1703.

Na fachada principal vemos unha porta de aceso triunfal de época barroca. Sobre ela unha fornela coa imaxe da patroa e outra pequena fiestra.

Nun dos muros laterais existe unha porta feita por Francisco da Costa.

A ábsida semicircular, dividida por tres columnas adosadas, contén fermosos relevos románicos nos canzorros e nas metopas que representan escenas de Cristo e de San Pedro e San Paulo, e arcos que recorren a ábsida adornados con figuras de monxes, cans, lobos, unha aguia e un burro.

No interior destaca o seu arco triunfal do ano 1763, con arco de medio punto sobre semicolumnas adosadas e bóveda de canón semicircular. Tamén podemos ver pinturas murais con escenas do Xuízo Final (do ano 1560), de Cristo ante Pilatos, da Flaxelación e do Camiño ó Calvario.
Tamén podemos destacar u retablo do ano 1694.

A igrexa de Santa María de Castrelo do Miño atópase sobre un primitivo castro, que na Idade Media era coñecido como “Castrum Minei”
Ao parecer, na década dos oitenta do século XIX, atopáronse moedas e algunhas lápidas de época romana.
A historia da igrexa remóntase ao século X, momento no que existiu un mosteiro dúplice. Co paso do tempo acabaría sendo soamente feminino (ano 947). Foi abadesa deste mosteiro Dona Goto, viúva do rei de Galicia Sancho Ordoñez. Outras historias desta igrexa falan do envelenamento do rei de León Sancho o Craso no ano 967. Despois pertenceu á Orde de Malta.
Na “Compostelana” faise referencia que, no século XII, este ubicación foi lugar de loita entre Xelmírez e a Raiña Dona Urraca, o conde de Traba, Teresa de Portugal e o seu esposo, Henrique de Borgoña.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000024453
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (Aprobación inicial outubro 2009) Ficha 253 – Páxina 69)

ENLACES WEB
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/iglesiasantamaria-2/
http://www.xoanarcodavella.com/2014/08/iglesia-de-castrelo-do-mino.html
http://www.galiciaenteira.com/castrelo-de-mino-la-fortaleza-perdida/
http://www.arteguias.com/comarcadoribeiro.htm
http://www.ourensesiglo21.es/castrelo-de-mino/
http://turismourense.com/ver/ver_concello

BIBLIOGRAFÍA
GARCÍA, X.L. “Guía Románica do Ribeiro”

MOURE PENA, Teresa Claudina. Los monasterios benedictinos femeninos en Galicia en la Baja Edad Media: arquitectura y escultura monumental. UNED. Facultad de Geografía e Historia. Departamento de Historia del Arte. Tese doutoral 2015.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2909184087
Lonxitude: -8.11523124576
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84