Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Cullergondo (Santa María)
Lugar: A Cerca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha capela de planta rectangular dunha soa nave que está acaroada á Torre da Cerca formando parte do seu conxunto. Os muros son de cachotería sen revocar con esquinais e formación de ocos en cantería. Ten unha xanela rectangular; unha en cada muro lateral, e a súa cuberta é a dúas augas cun armazón de madeira e cuberta de tella curva do país.
A súa fachada segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai un pequeno oco semicircular o que lle segue un frontón partido co fin de alberga-lo campanario de dous corpos. O primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e que serve para aloxa-la campá. O segundo un corpo triangular cun oco circular no seu centro flanqueado por dous pináculos e, coroando o conxunto por outro pináculo piramidal.
Esta capela estivo e moi malas condicións ata que os seus donos, a familia Doval, restaurárona con moi bo gusto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca005.PDF (Páx.9).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2133546408
Lonxitude: -8.23260314764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84