Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Oca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas e cuberta de tella curva. Entrada porticada a tres augas apoiada en columnas e cun pequeno muro de sillería delimitando o espazo. Porta alintelada, e riba dela, unha pedra do muro gravada onde se le: “Capilla de la Virgen del Corpiño construida por los vecinos de Oca. Año 1880”. Na parte superior da fachada amosa un van de forma semicircular e remata o hastial en cornixa moldurada e pináculos nas esquinas. Do centro arranca a espadana de dous ocos con arco para albergar as campás e coróase de gablete con oco central, pináculos piramidais nas esquinas e unha cruz na cima. Hai un altar de pedra a man dereita da entrada. A Virxe do Corpiño é protectora fronte a múltiples enfermidades do espírito, entre as que se atopan o meigallo, mal de ollo ou levantar a paletilla. A súa festividade celébrase no mes de abril .


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA007.PDF (pax. 5 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.929519138
Lonxitude: -8.6750203371
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84