Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Borraxeiros ( San Cristovo)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben: Pazo da Torre de Arriba
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Grande edificio ameado do século XVI, construído despois da destrución dunha anterior fortaleza durante a revolución dos Irmandiños no ano 1496.
Para a construción deste pazo, no século XVII, aproveitáronse elementos do antigo castelo dos Altamira situado nas terras de Vilela.
A construción é de planta rectangular e ten unha fachada amenada de dúas plantas, con porta neoclásica, cheminea barroca e torreón cilíndrico con escaleira de caracol. Destaca tamén o seu patio interior.
Nos catro escudos que flanquean as entradas pódense apreciar as armas dos Salgado e Fuciños entre outros.
Os restos do castelo e as terras de Borraxeiros terminaron pertencendo á mitra de Santiago e, por bula Pontificia de Gregorio XII autorizouse a Felipe II a vendelas no ano 1583 a D. Antonio Salgado Gundín, clérigo da casa de Laxe en Monterroso. O apelido Fuciños incorporouse ó escudo e linaxe por matrimonio cunha herdeira do solar, fai máis de cen anos.
O título de Conde de Borraxeiros, foi concedido por primeira vez o 21 de xaneiro de 1761 a Joaquín Salgado, Capitán de Milicias.
Dentro da finca existen varias edificacións adxectivas como a antiga casa dos caseiros e un pombal de planta cilíndrica.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2014/02/27/no-corazon-do-deza-e-3-na-lareira-con-pepa-a-loba-no-pazo-de-borraxeiros/?fb_action_ids=820990031260854&fb_action_types=og.likes&fb_source=other_multiline&action_object_map=[1414939918756587]&action_type_map=[%22og.likes%22]&action_ref_map=[]
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/09/pazo-de-borraxeiros-agolada.html
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280379047
https://www.xn--castillosdeespaa-lub.es/es/content/pazo-de-borraxeiros
http://cgbuxan.blogspot.com/2012/03/pazo-de-borraxeiros-agolada-pontevedra.html
http://cgbuxan.blogspot.com/2012/03/pazo-de-borraxeiros-san-cristobal-de.html
https://galego.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2017/12/24/o-pazo-borraxeiros-16122017.html
Condado de Borrajeiros
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/brandeso-santiso-pinor-borraxeiros?t=0
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
GÓMEZ BUXÁN, Cesar e RUBIA ALEJOS, Francisco. (2005). Pazos e moradas hidalgas de Deza. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8019109942Lonxitude: -8.01441907883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84