Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fornelos de Montes / Vigo (comarca)
Parroquia: Ventín (San Miguel)
Lugar: Ventín de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1933 que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada posúe inscricións nas súas catro caras que din o seguinte:

“DONATIVO
DE JOSE Mª P.
GARRIDO”

“DIGNA MTEZ
GARRIDO”.

“AÑO
1933”

“A
SAN MIGUEL”.

O varal de sección cilíndrica da paso a un capitel tipo xónico, con decoración floral e volutas.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre peaña cuberta cun manto e coas mans entrelazadas no reverso.

Este cruceiro atópase ao carón da igrexa de San Miguel de Ventín (http://patrimoniogalego.net/index.php/94654/2017/05/capela-de-san-miguel-de-ventin/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB

http://ventin.blogspot.es/tags/monumentos/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360190701.html

BIBLIOGRAFÍA

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao: “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Fornelos de Montes”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Colección Etnografía Galega, Vol. XLVI. Vigo. 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.327392048
Lonxitude: -8.44074815512
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84