
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Mabegondo
Lugar: O Castro, Mabegongo
Outra denominación do ben: Castro de Santiso
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Recinto fortificado de forma ovalada, situado a uns 192 metros sobre o nivel do mar. Posúe unhas medidas duns 148 metros de lonxitude no seu eixo Norleste-Suroeste por uns 89 metros no seu eixo noroeste-surleste, acadando unha superfie duns 9.450 metros cadrados. Está defendido por muros e terrapléns adquirindo maior desenrolo na parte suroeste. Este recinto central está cinguido por un segundo recinto defendido por un parapeto construído a base de terra con reforzo de cachotes.
O recinto central foi parcialmente destruído por unha construción abandonada, sen rematar, mentres que o segundo recinto sufríu a destrución de parte do parapeto polo leste. Polo norte, a presión urbanística aféctalle a dito recinto coa construción de edificios auxiliares.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15001004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF (Páx. 43).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2415341623Lonxitude: -8.28404456399
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




