Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Arbo (Santa María)
Lugar: San Bieito
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este calvario nace sobre unha estrutura pétrea elevada na que podemos ver unha primeira inscrición que di: “PA ANIMAS”
A cruz central nace sobre unha base cúbica na que aparece a seguinte inscrición polas súas catro caras:
“ESTES DE PA
COMI HB
DJA CINTO
AÑO 1670”

O seu fuste octogonal dá paso a unha cruz cadrada na que aparecen gravadas tres frechas e un “IHS”.

As cruces laterais, de menor tamaño, son de sección octogonal.

Este calvario atópase a carón da capela de San Pedro (http://patrimoniogalego.net/index.php/95021/2017/06/capela-de-san-pedro-2/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=123

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1153884618
Lonxitude: -8.31400439143
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84