Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Santa María de Isorna
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal con sección cadrada no apoio. Este fuste presenta una inclinación considerable debido ó paso dos anos, posiblemente por non ter pedestal e estar directamente incrustado na plataforma de tres chanzos.
Capitel tronco-piramidal inverso con volutas nos extremos e cruz de sección cadrada con relevos nos extremos e cun cristo no anverso e unha piedade no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Era onde se atopaba o barqueiro encargado de pasar a xente dun lado a outro do río Ulla.
O 12 de xuño de 1916 houbo unha traxedia enfronte a este cruceiro cando unha gamela intentaba pasar o río cara Catoira para ir cara á feira de Vilagarcía. A gamela ía cargada con cinco mulleres, que morreron afogadas, e o barqueiro que foi salvado por un home que viu a traxedia dende terra. “Al pretender atravesar con una chalana de Isorna a Catoira cinco mujeres y un hombre, volcó aquélla, pereciendo ahogadas las cinco infelices” dicía La Voz de Galicia naqueles tempos. Dúas das mulleres eran nai e filla de 11 anos que non puideron ser enterradas xuntas porque a filla foi atopado o seu cadáver na punta de Rañó que pertence á parroquia de Leiro e pese os intentos do pai por darlle sepultura ás dúas na parroquia de Isorna, as autoridades aplicaron a lei que obrigaba, daquela, a enterrar os defuntos onde se atoparan os corpos. Xunto a elas tamén viaxaban 5 cabras que se salvaron todas. Contan que o barqueiro quedou sen fala debido á impresión que lle causou a traxedia.


Historia recente do ben:

Aínda que o PXOUM de Rianxo inclúe este cruceiro como parte do Viacrucis da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, o certo é que este cruceiro é moito máis antigo que os que forman esta ruta.


Referencias bibliográficas:

Hemeroteca La Voz de Galicia
https://quiosco.lavozdegalicia.es/historico.htm?fechaInicio=09-05-1906&fechaFin=30-06-1906&textoBusqueda=catoira&orden=1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O fuste presenta unha inclinación considerable.


Onde está localizado

Latitude: 42.6648369911
Lonxitude: -8.74081894755
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84