Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Arbo (Santa María)
Lugar: San Bieito
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica, que semella ser outro chanzo, da paso a un varal de sección cilíndrica e máis grosa no centro.
O capitel cadrado con motivos florais soporta unha cruz de sección cilíndrica con nos na que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

O cruceiro atópase protexido por catro balaústres de granito.

Ao carón do cruceiro vemos unha caixa para as esmolas, feito dun piar pétreo e unha porta metálica onde se gardan as ofrendas. Antigamente na súa parte superior existía a imaxe dun Cristo que foi roubado fai anos.
Tamén podemos ver os restos do que foi unha cruz. Hoxe so se conserva o varal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA007.PDF (Páxina 8)
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=123
https://cruceirosdegalicia.xyz/360010101.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1143040926
Lonxitude: -8.30724656582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84