
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Arbo (Santa María)
Lugar: A Almuíña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pazo feito a base de perpiaño granítico, de planta rectangular con dous andares e cuberta a dúas augas. Posteriormente se lle engade unha parte en en forma de U, que forma un patio interior.
No portalón de entrada podemos ver un brasón coas armas dos Durán, Puga, Correa, Feijoo e Ribeiro. Tamén figura unha data, 1890, posiblemente dunha reforma do edificio
No interior do patio destaca unha solaina
O pazo posúe varias edificacións adxectivas, entre elas unha bodega. Tamén existe un hórreo no interior do patio de considerables dimensións
Existe documentación dos anos 1665 e 1678 que falan deste pazo.
O Pazo de Almuíña, localizado ao carón do antigo Camiño Real que unía o sur de Galicia coa Península, atópase rodeada de plantación de viñedo. No medio desa plantación existe un pombal (http://patrimoniogalego.net/index.php/95197/2017/06/pombal-do-pazo-da-almuina/).
Actualmente o pazo alberga unha adega.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA006.PDF (Páxina 2)
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=123
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1148482692Lonxitude: -8.29648017883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84