
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Cequeliños (San Miguel)
Lugar: Ribas de Miño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peto de ánimas situado no alto do portalón da Casa dos Burines (http://patrimoniogalego.net/index.php/95255/2017/07/casa-dos-burines/)
O peto é de tipo aberto, cunha fornela con columnas estriadas aos lados. O conxunto remata nunha cruz central con pináculos nos extremos.
No interior da fornela podemos ver unha cruz con vultos.
Ao carón da porta aparece unha fornela cun enreixado metálico. No seu interior gardábase un caixón metálico para as esmolas.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA005.PDF (Páxina 8)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=125
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.126791122Lonxitude: -8.27470332384
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




