Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: A Peneda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Preto da Ponte de Vide, collendo unha pista de terra cara os Milagros, localízase unha zona chea de restos de cantearía e nun dos poucos penedos que quedou enteiro na beira da pista, vemos a gravura.
Trátase de unha peneda con unhas dimensións aproximadas de 2×1,5m, de pouca altura sobre o terreo, sendo este en pendente cara o suroeste. Que se unimos todo isto a que a auga do río esta próxima, temos o caldo de cultivo propicio para a localización de petróglifos de este tipo.
A tipoloxía e de coviñas de distintos tamaños que están espalladas pola superficie da peneda.
Podemos ver cazoletas dende 4cm de diámetro a outras de 10cm, ven marcadas, aínda que os liques non no las deixan ver todo o ben que quixéramos.
Curiosamente o topónimo do lugar é A Peneda, en clara alusión a esta gravura.

Foi descuberto polo gran defensor e loitador incansable en prol do patrimonio Molguense o “profe” Ambrosio Borrajo. Chamoulle a atención a peneda tan ben colocada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.225988
Lonxitude: -7.652021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84