Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Arbo
Parroquia: Mourentán (San Cristovo)
Lugar: Reguengo - A Nogueira
Outra denominación do ben: Casa do Reguengo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación feita en cachotería irregular, con planta en forma de L, dun so andar e cuberta a dúas augas.
Nun dos laterais existe unha adosado de planta cadrada feita en perpiaño granítico, con dous andares e cuberta a catro augas con pináculos nos esquinais. Posúe unha escaleira exterior feita en pedra.

A finca atópase pechada cun muro de perpiaño irregular. O aceso realízase por un interesante portalón alintelado rematado por seis pináculos e unha cruz, no que podemos ver un escudo de armas

A referencia escrita máis antiga deste pazo da que se ten coñecemento e dun documento de principios do século XVIII que nos fala dos seus propietarios: o Capitán D. Benito Valanzuela e a súa dona Dª Antonia Troncoso y Sotomayor.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030247
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA003.PDF (Páxina 6)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=124

BIBLIOGRAFÍA
MÉNDEZ CRUCES, Plácido. “HERÁLDICA DE MOURENTÁN”. “CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS”, Tomo XLVII, Fascículo 113, Santiago, 2000.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1371544919
Lonxitude: -8.29829335213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84