
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arbo
Parroquia: Mourentán (San Cristovo)
Lugar: Novás - O Vieiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación do século XVIII feita en pedra escuadrada e encintada nas xuntas, de planta rectangular dunha soa nave, e cuberta a dúas augas con pináculos de bóla nos extremos. Posúe dúas capelas acaroadas aos muros laterais.
A fachada principal posúe unha porta de acceso con arco de medio punto con elementos decorativos. Sobre ela unha fornela con frontón semicircular que cobre a figura do patrón e dúas xanelas laterais.
O conxunto remata nunha torre campanario con pináculos nos extremos.No interior da igrexa posúe unha bóveda de cachotaría que cobre o teito do presbiterio.
O edificio actual é de época barroca co engadido posterior da torre campanario de estilo neoclásico.
A igrexa conserva un escudo coas armas dos Sarmiento, pertencente a unha capela ou enterramento dalgún membro desta familia que eran donos do Pazo de Pombeiro, próximo a esta igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030238
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA004.PDF (Páxina 4)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=124
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1391086226Lonxitude: -8.30066844821
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




