Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: A Coruña (comarca) / Sada
Parroquia: San Xián de Soñeiro
Lugar: Soñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Bloque de granito rectangular de 43 cm de altura por 20 cm de ancho no que se esculpe unha figura antropomorfa dun togado con espada baixo unha fornela. O antropomorfo presenta unha cabeza desproporcionada e unha espada de grandes dimensións.
Segundo Naveiro López (1984-85) trátase dunha efixie dun monumento funerario dos séculos I-II dC. Aínda que o togado se atopa claramente reutilizado, probablemente vén dun sitio de cronoloxía romana con funcionalidade funeraria da contorna inmediata.
Nesta zona tamén se ubicaba a igrexa de San Xián de Soñeiro ata o século XIX, da que non se ven restos en superficie. Pese a que non se atopan restos da estrutura arquitectónica, e moi posible a existencia de restos estruturais no subsolo, ademais de enterramentos antigos na contorna.
A advocación a San Xián denota unha certa antigüidade, remontable polo menos á época medieval, a partir do século VII, segundo Sánchez Pardo (2012).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: ACH15075001
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.concellodesada.com/ga/plan-xeral-de-ordenacin-municipal/documento-aprobacion-provisional-marzo-2017-/975dadmemorias
975_DAD_T VII_CATÁLOGO PATRIMONIO (Pax 335)
BIBLIOGRAFÍA
-Naveiro López, J. 1984. “Un relieve de togado en Soñeiro (Sada-A Coruña)”. Brigantium, vol. 5, A Coruña.
-Sánchez Pardo, J.C. 2012. “Topónimos y advocaciones: La información histórica en los nombres de las parroquias rurales gallegas”. Minius Nº 20. Pp. 187-226.
-Fernández Abella, D., 2015. “Revisitando Meirás. Algunas reutilizaciones de elementos de época romana en iglesias parroquiales de Sada y Oleiros (A Coruña)”. Glyphos nº 4 Pp.32-50.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O relevo atópase embutido no muro de acceso ao cemiterio parroquial. Está rodeado dun pequeno enreixado. A figura está fragmentada e chea de liques.
Onde está localizado
Latitude: 43.3293208531Lonxitude: -8.28696101904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xul 24, 2017
Acceso web ao catálogo de Patrimonio do Concello de Sada (recollido na bibliografía desta ficha). O relevo togado de Soñeiro está na páxina 335 do Tomo VII (Catálogo de Patrimonio) do pdf
http://www.concellodesada.com/ga/plan-xeral-de-ordenacin-municipal/documento-aprobacion-provisional-marzo-2017-/975dadmemorias