Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Santa María do Castro
Lugar: Fonte do Mouro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

Aínda que no PXOM de Boiro do ano 2003 está catalogado como castro da idade do ferro, todo parece indicar, polo diámetro da croa de escasamente 15 metros, que se trata dun castelo de vixilancia e control do territorio. Non existe espazo físico para varias vivendas na súa croa. Hai moitos restos de tella na acrópole e perpiaño granítico.
Nos planos lidar pódese observar un espazo aterrazado entre dous terrapléns de forma circular, e concéntricos, que configuran un espazo elevado e de forma cónica que mide uns 60 metros de diámetro na súa base.
A segunda imaxe é un plano lidar cedida por IGN (Instituto Xeográfico Nacional) e IET (Xunta de Galicia)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15011005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA006.PDF pax. 11
http://historiadegalicia.gal/2017/07/cortalumes-caminos-e-outras-agresions-no-castro-das-goritas-na-ria-de-arousa/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está afectado polo paso dunha escavadora moi cerca da croa nas labores de extinción dun incendio en 2014.
Debido á cantidade de tella que se atopa, hai xente que a xunta enriba das pedras da croa.
Pasa un camiño a escasos cinco metros da cima que é usado por motos todoterreo de forma habitual.


Onde está localizado

Latitude: 42.6191576483
Lonxitude: -8.86553733861
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84