Outra fotografía:
Tipo de ben: Foxo do Lobo,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: San Paio de Araúxo
Lugar: Guende
Outra denominación do ben: O foxo do lobo de Guende
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situado no corazón da Serra do Xurés, o foxo do lobo de Guende, ou a casa do lobo, é unha magnífica obra de fábrica medieval, ideada polo home para cazar ao lobo. Trátase dunha trampa de cabrita, de paredes de máis de dous metros de alto que pechan un recinto circular, onde o lobo era engañado por medio dun cebo vivo situado no interior das paredes.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Recentemente restaurado, no ano 2015 con fondos do programa Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8782846586Lonxitude: -8.0198264122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Estevo says:
Ago 16, 2017
A restauración tivo algún erro. Considerouse de maneira equivocada que orixinalmente non tiña cápias na parte superior do muro para impedir a saída do lobo. Incluso na reconstrucción se meteu algunha desas pedras polo medio do muro. Tamén se reflicte no panel informativo, que salienta como peculiar deste foxo que non tivese cápias por ser moi alta a parede.
Polo que sei o erro xa está recoñecido gracias ao testimonio de veciños que lembran a estuctura mais enteira. Esperemos que non tarde moito o novo amaño.
Pablo says:
Ago 16, 2017
Permítome apuntar unha referencia bibliográfica que considero de interés, pois encóntrase catalogado e descrito na obra “Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular”, escrito por David Pérez López e publicado por Editorial Canela, que ofrece máis información no seguinte enlace: https://www.editorialcanela.com/index.php/id/46/objeto/155/claves/Os-foxos-do-lobo.-A-caza-do-lobo-na-cultura-popular
Oscar Franco says:
Xan 13, 2018
Rematan os traballos da 2ª fase de rehabilitación deste foxo. A nova é do 12 de xaneiro de 2018:
http://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/lobios-finaliza-recuperacion-foxo-do-lobo-guende/20180112102720761323.html