Outra fotografía:
Tipo de ben: Mina,
Concello: Folgoso do Courel / Quiroga (comarca)
Parroquia: Seoane do Caurel (San Xoán)
Lugar: Piñeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Mina a ceo aberto composta dun corte na crista dunha falla nun terreo abrupto de montaña para extraer o material aurífero dunha serie de filóns de cuarzo de dirección NO-SL. As labores de corte baleiraron un cavorco dende o cume ata a beira do río Vilela. As dimensión na actualidade son de 675 m. de lonxitude, de 40 a 90 m. de ancho e ente 15 e 30 metros de profundidade. O volume aproximado de mineral extraído sería duns 800.000 metros cúbicos. A forza empregada para partir a rocha sería a de “ruína montium” consistente en acumular gran cantidade de auga para logo conducila á cabeceira dos cortes. Na memoria de intervención da Mina da Toca (Antonio Álvarez Núñez-1992) descríbense ata 3 canalizacións para este fin. Outra característica desta mina e que se poden estudar todas as estruturas que compoñen este tipo de explotacións: canles de distribución e explotación, depósito de explotación, corta de explotación, galeria de minado, galería de prospeccións, rocha abatida e preparada para o moído, filóns de cuarzo e arenisca aurífera e embudes e canles de drenaxe. A mina está aproximadamente a 1 km. en liña recta ao oeste da mina romana de Torubio, e quizá explotando a mesma veta de material.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Antonio Álvarez Núñez: Memoria de la intervención arqueológica en la Mina da Toca de 1992.
Acceso Web:
http://redemuseisticalugo.org/revistas/artigos/17_%C3%81lvarez_[Mina_Toca).pdf
No católogo de Bens da Provincia de Lugo
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6595904238Lonxitude: -7.13124275208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Ago 16, 2017
Un artigo recente na prensa sobre a mina romana da Toca https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/03/03/mina-romana-hallada-courel-aislado/0003_201703M3C5991.htm