Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Monte Cubreiro
Outra denominación do ben: Mámoa V do Cubreiro
Cronoloxía: Neolítico, Idade do Bronce,
Descrición:

Medorra coa masa tumularia bastante espallada, na que podemos apreciar unha coiraza a base de pedras de granito imbricadas. As súas dimensións son de 14 m en sentido Leste-Oeste e 13,5 m, Norte-Sur. A súa altura é de 0,60 m polo lado Sur e 0,40 m polo Norte. Apréciase violación central de 3,5 m.
Datada entre o Neolítico e a idade do Bronce. Xacemento inventariado como GA32007028

Esta mámoa sitúase no Monte Cubreiro, xunto con outras 9 e varios petróglifos, na zona coñecida como a Seara, a unha altitude de 692m.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32007028
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/BETAN.pdf (Pax.15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.262384
Lonxitude: -7.714055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84