Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Betanzos (comarca) / Miño
Parroquia: Bemantes (San Tomé)
Lugar: Cal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño de vento de torre cilíndrica con muros de mampostería cuberta de cal con dinteles e marcos das fiestras de cantería. Dúas portas opostas e dirección norte-sur. No dintel da porta que mira ao sur, atopábase unha inscrición agora moi erosionada que no seu dia dicía:

ESTA OBRA LA HIZO VAZQEZ
VAZQVEZ AÑO DE 1840

(Esta obra a fixo Vazqez Vazquez ao de 1840)

No interior escaleira de caracol de lousas de xisto engastadas no muro. No piso inferior atópase o tremiñado, o aparello de moa, no primeiro piso é por onde se mete o gran para moer e temos dous ocos coincidentes coas portas. E no derradeiro piso vemos os engrenaxes que trasladan o movemento de xiro das aspas a pedra de moa.

Mide seis metros de altura, e tres de diámetro interior cun muros de un metro de grosor. Conta con aspas fixas orientadas cara os ventos dominantes. Remata o conxunto unha cuberta cónica de carpintería de madeira e tella curva do país.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro. “El molino de viento del Boucelo” XVI Congreso Nacional de Cronistas Oficiales (Ciudad Real), 12/10/1989, Ciudad Reakl. Páxinas 123 a 127. [consultado o 03-09-2017] Dispoñible en liña en: http://www.cronistadebetanzos.com/el-molino-de-viento-del-boucelo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.344618009
Lonxitude: -8.174302876
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84