Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña / A Coruña (comarca)
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Monte de San Pedro
Outra denominación do ben: Batería de Costa Número 8
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O conxunto está composto por dous emprazamentos en pozo para dous canóns Vickers mod. 1926 de calibre 38,1 cm. cunha lonxitude de tubo de 17,671 m. e 86 ton. de peso capaz de disparar obuses a 35.100 m. cunha cadencia de un disparo por minuto. No pozo, baixo terra, atópase a cámara de carga que a súa vez comunicaba coas salas de máquinas e almacéns. Todo elo protexido cunha coiraza de Formigón. Cada canón levaba asociado un grupo telemétrico, o canón leste tíñao situado á súa dereita, e o canón oeste tíñao máis adiante del, baixo a súa cota na pendente do monte, que enviaban os datos a central de tiro mediante transmisores eléctricos, situada á retagarda dos canóns, soterrada e con acceso subterráneo. Esta a súa vez daba os correspondentes datos ás pezas e orde de fogo. O conxunto e complementado por postos de observación e mando formados por habitáculos de formigón con viseira e un bunker. Aparte destes canóns, inda se conservan tres pozos para canóns antiaéreos de 22 mm. e, preto a carón do labirinto, unha batería monolítica antiaérea – hoxe reconvertida en parque infantil – e a base para un proxector de iluminación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente de modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto, baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, encargándose dende entón da súa conservación e destinando as instalacións a parque público e de lecer


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004

Planeamento Urbanístico do Concello de A Coruña. Catálogo: elementos patrimoniais. Fichas. Resto da Cidada. Ficha 10-025. DOGA 08-03-2013. En liña [Consultado o 12-10-2017] Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/27775ca315.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.377581586
Lonxitude: -8.43859434128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84