
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña / A Coruña (comarca)
Parroquia: Oza (Santa María)
Lugar: As Xubias de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
É unha das máis antigas baterías de costa construídas na cidade de A Coruña, mencionada en documentos anteriores ao ano 1650.
Consta dun fortín co traza en estrela bastante simétrica e regular, organizando o espazo en diferentes niveis, rematados cun edificios auxiliares para a tropa (almacéns, oficinas, habitacións, etc.) e un foxo defensivo; completaba a estrutura un parapeto con troneiras, ramplas, unha bóveda de paso con porta levadiza e unha muralla defensiva cara á terra.
Na actualidade, sobre o fortín erguese o faro de Oza e un edificio da Universidade da Coruña. O resto do conxunto permanecen soterrado pero aínda pódese ver o extremo da muralla a carón da facultade de Fisioterapia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA15030011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
No século XVI a cidade d’A Coruña e o seu porto, comercial e militar, convertéronse nun punto forte e estratéxico na península ibérica, sendo un foco de crecemento económico. Para protexer a cidade, vaise creando un importante sistema defensivo e torno a cidade, tras constatar a súa vulnerabilidade tras o ataque de Fracis Drake e H. Norris en maio de 1589, no que as tropas inglesas desembarcaron na praia de Oza para poder atacar a cidade. Tras este evento comezase a construír unha fortificación.
A configuración que ten actualmente foi creada polo enxeñeiro militar D. Bias Gil de Bernabé en 1797 baixo o mandato de D. Pedro Martín Cermeño.
Xa no século XX se acomete a construción, no recinto da batería, do faro e de diversos edificios no entorno da Universidade de A Coruña.
Referencias bibliográficas:
Concello de A Coruña. “Plan xeral de ordenación municipal. Relación de elementos anrquelóxicos” DOGA 2013-03-08, Ficha 013. En liña [Consultado n07/09n/2017]. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/27775ca302.PDF
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Soraluce Blond, Jose Ramón. “Castillos y fortificaciones de Galicia. La Arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. A Coruña, 1985. p. 95-102.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.347230781Lonxitude: -8.38459879159
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84