
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Escudo / Epígrafe,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros, O Carmen
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Está formada por unha planta dunha soa nave dividida en dous treitos por un arco de medio punto apoiado sobre pilastras, cada un dos treitos cóbrese con bóveda de crucería. Na cabeceira a capela maior á que se accede por un arco de medio punto e cóbrese con bóveda de aresta. No exterior destaca a riqueza da fachada principal composta de xeito simétrico, sobre a porta un brasón en forma de medallón de grandes dimensións e debaixo unha inscrición que reza que foi D.Jeronimo Duran, residente en Chile quen puxo o caudal para a construción da capela no ano 1766. A capela conta cun gran patio de cantería onde reza a inscrición 1767.
Ramón de Artaza di do brasón e da inscrición de debaixo:
O brasón conta de oito cuarteis máis un central, o primeiro (superior dereito) e o dos Maldonado ou Rúa, o segundo cinco follas de figueira, apelido Figueroa, o terceiro descoñecido, o cuarto son as armas dos Feijóo, o quinto o dos Romero. o sexto poderían ser os Bermudez, o do centro descoñecido.
A inscrición di: SE HIZO CON CAUDAL DE D. JERONIMO DURAN RESIDENTE EN LA CIUDAD DE CHILE,SIENDO EL SR. D. MARCOS ARCAIZ IBARNA BARRO FISCAL DE LA REAL AUDENCIA DE ESTE REINO, DEDICADA A NTRA. SRA. DEL CARMEN,AÑO DE M.D.C.C.LXVII.
O seu dono, “in solidum” no ano de 1775 era D. Felipe Romero Duran Alvárez de Figueroa y Ardeleiros.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
DE ARTAZA MALVáREZ, Ramón : Recuerdos de Muros
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7751347026Lonxitude: -9.0598744154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Nov 11, 2011
Reflexada no PXOM de Muros, Planeamento de Desenvolvemento, Protección do Conxunto Histórico-Artístico
(Plano – información) como equipamenteo relixioso R8 (en azul)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/23632pb034.jpg
Oscar Franco says:
Dec 27, 2015
Referencia da prensa escrita do 27 de decembro de 2015 na que se fala da rehabilitación desta capela:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/12/27/capela-do-carme-muros-exemplo-rehabilitacion-acaida/0003_201512H27P37992.htm