
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago de)
Lugar: Taxes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Situada na estrada que leva de Louro ao lugar de Taxes e construída na última década do século pasado pola Comunidade de Montes en Man Común de Louro. A auga aprovéitase dun manancial que antes abastecía aos veciños de Louro, cun caudal diario de 8.640 litros de auga a unha temperatura de 15ºC. O frontal está formado por unha soa pedra da que sobresae o torno polo que sae a auga que cae nunha pía de salgar a carne, cedida polos veciños de Louro ao igual que noutros casos de fontes en Louro. A auga ten un certo sabor agre, posiblemente debido á descomposición das follas de eucalipto que cobren o lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colaboración da Mancomunidade de Montes en Man Común de Louro.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7740526364Lonxitude: -9.08771038055
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84