Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Laxe
Parroquia: Laxe (Santa María)
Lugar: Adro da Igrexa de Santa María
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma octogonal de catro chanzos con voo. O seu pedestal é troncopiramidal e o varal octogonal rematando en cilíndrico. Este varal ten adornos nos chafráns. O capitel é cuadrangular con cuarto bocel, astrágalo cuadrangular e liso. A súa cruz é circular con remates floreados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e cuns anxos coroándoa, e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Ademáis este cruceiro, de estilo barroco, posiblemente do século XVIII, pasa a ser un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña,1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA101.PDF (Páx. 6-7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.222576678
Lonxitude: -9.00478698315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84