Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: Lariño (San Martiño)
Lugar: Igrexario de San Martiño de Lariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cúbico achafranado. No segundo chanzo, polo reverso do cruceiro, ten unha mesa-altar rota. O varal é octogonal cun pedestal cuadrangular e liso soportando un capitel cuadrangular moldurado. A súa cruz é circular, leñosa con nós e remates con flores. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e cunha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada, en actitude de orar coas mans xuntas, sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7771129289
Lonxitude: -9.11600209778
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84