
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas / Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real) – Armariz (San Salvador) - Ponte Ambía (Santa María)
Lugar: Correas
Outra denominación do ben: Pendón de Santa Margarita
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Gran bolo granítico de 4m de longo por 3m de ancho e unha altura de uns 2m, con gravuras na súa parte superior, así como algunha no lateral.
Posible lugar de culto que foi reaproveitado na idade media para marcar os lindes entre os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. Actualmente non coincide xustamente cos limites, estando uns metros adentrado no terreo de Xunqueira. Ademais marcaría o punto común ás parroquias de Armariz (San Salvador ) e a de Xunqueira de Ambía (Santa María a Real), as dúas no concello de Xunqueira de Ambía xunto á de Ponte Ambía (Santa María), esta do concello de Baños de Molgas.
No Catastro de Ensenada aparece citado “y sigue subiendo al outeiro llamado do aforcado, y deeste al Penedo dela Margarida, y deaqui al Marco da Portela”
Na superficie superior do penedo conta con polo menos 60 coviñas, con uns diámetros que van dende os 4cm ós 7cm. Tamén se distinguen varios canles, dous de eles cruzados a 90º formando o que pode ser unha cruz, posiblemente non contemporánea do resto da gravura, que puido ser feita no medievo ou polo menos retocada para convertela en cruz de termo.
Unha das cazoletas mais grande fixérona aproveitando un saínte que ten a rocha polo lado de nacente.
Tanto polo lado sur como por poñente aparecen varias coviñas aliñadas, que baixan ata a altura do terreo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.22062Lonxitude: -7.73381
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84