Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: Muxía (Santa María)
Lugar: Santuario da Virxe da Barca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular moi moldurado cunha gran escocia. Un dos chanzos quedou soterrada polo novo chan feito fai poucos anos. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en chafrán. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provinacia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca010.PDF (Páx. 33).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1122634903
Lonxitude: -9.2189828307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84