Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Santa Mariña da Insua
Lugar: Chaín
Outra denominación do ben: Da Reverencia á Peneda
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situado á beira do camiño chamado “da feira”, e que cruzaba o monte pola Eira da Lagoa, as Gorgociñas ou o Relincho pasando por as Lapardas camiño de Ponte Caldelas.
Varal de sección cadrada con arestas matadas, ó metro de altura, o canteiro tentou suxerir un capitel separando a cruz con dous rebaixes nos laterais, a partires dos cales as arestas son máis vivas. Dúas liñas paralelas debuxan no fronte unha cruz grega.
Como moitos dos nosos cruceiros, o pasar un enterro, paraban a rezar un responso a pesares de non haber cruz.
Este cruceiro ou cruz, erguido nunha rocha e de 1,83 m de altura, está feita nun só bloque polo canteiro do lugar Constante.
Ía ser colocada no camiño da Cavada do Ouro, ou Carballeira do Rei, pero ó non serlle pagado o seu traballo púxoa neste penedo da súa propiedade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Sánchez Cora, Teresa. Martínez Plansencia, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3524529373
Lonxitude: -8.52179378271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84