Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Cristimil (San Xurxo) Prado (San Martiño)
Lugar: Gondufe
Outra denominación do ben: Pontorneira / Ponte de Cristimil
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ponte que cruza o río Asneiro con dous arcos feitos de laxes de rocha metamórfica e con despece radial para configuralos. O resto da ponte está feita con laxes do mesmo material e o taboleiro, que está moi deteriorado, só conserva a día de hoxe a cachotería do recheo dos arcos. Posúe un rompeaugas entre os dous arcos. A ponte foi usada ata que se abriu a nova vía de comunicación entre Prado e Vilatuxe. Xa non ten peitorís e o seu estado é de abandono. Esta ponte sería parte dunha importante vía cara a Santiago e que era coñecida como o Camiño dos Arrieiros. A foto da ficha é de Antonio Presas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA011.PDF (pax 11 do pdf )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A “ponte vella” era estreita e cando comezaron a pasar por ela os primeros “coches das feiras” tiñan problemas porque rozaban os peitorís que había a cada lado. Para solucionar este problema empezaron por tirar ao río os que lles estorbaban, e a esa dificultade había que engadirlle que a ponte facía unha curva e os coches non daban xirado.
Trala construción da “Ponte Nova”, a vella Ponte Orneira entrou en desuso e empezou o saqueo de moitas das súas pedras, que foron levadas para outros usos.
Ás causas humanas engadironse as naturais como é o caso das grandes enchentas nas que a auga do río chegaba a pasar un par de metros por encima da ponte. Estes episodios naturais (enchenta “Hortensia” 1984, enchenta 1987 que pasou por encima da ponte nova, e outras no 2000) terminaron por desfacer parte da ponte, como é o caso da parte superior do “rompeaugas”. Información de Antonio Presas


Onde está localizado

Latitude: 42.6757330515
Lonxitude: -8.18824499845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84