Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Lueiro (Santa Baia)
Lugar: Lueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O fuste comenza con corpo cuadrangular á cuarta parte da súa altura, logo bisela as arestas para coller forma octagonal e voltar a rematar cuadrangular.
O capitel é cuadrangular encurvando as caras nas que hai rostros esculpidos, é composto e case híbrido. Leva molduras de ábaco e astrágalo entre as que van nas esquinas as follas de acanto.
No anverso da cruz está cristo crucificado con tres cravos, os brazos bastante horizontais, superpón un pé sobre o outro, leva coroa de espiñas, e longa melena, o corpo en posición de zigzag. Amosa anatomía moi detallada, coma no tórax. Pano de pureza moi corto amarrado cunha corda. Sobre o cristo cartela. No reverso unha Dolorosa sobre unha peaña poligonal, que a súa vez descansa sobre un rostro como os do capitel. Viste túnica longa ceñida na cintura, cruza ambas mans en posición orante.
Unha mesa de pedra complementa este cruceiro e atópase a 2 metros del.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O cruceiro está no atrio da igrexa, ainda que teño información de que non era o seu lugar orixinal. Sobre unha laxe fixéronlle unha base de cemento de forma cuadrangular, creando así unha grada ou peldaño artificial. Sobre este aséntase o auténtico basamento consistindo nun bloque granitíco con base baixa, toro, unha escocia grande e outro toro superior.


Referencias bibliográficas:

Martín, Luís. Cruceiros na provincia da Coruña
Cardeso Liñares, José. El arte en el valle de Barcala.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na actualidade non corre ningún tipo de perigo


Onde está localizado

Latitude: 42.8621896604
Lonxitude: -8.82329897361
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84