
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Zas (San Mamede)
Lugar: Zas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro con plataforma de forma cuadrangular, constituída por catro gradas, a xeito de escaleiras, que é o máis común nos existentes neste concello. Non ten pedestal xa que a cuarta grada fai a súa función e dende alí arranca directamente o fuste. O varal ten forma cuadrangular no comezo e no final, no tramo medio é octogonal e é liso sen ningún tipo de inscrición nin decoración. O capitel ten forma de tronco de pirámide invertida e está decorado con representación de rostros, que tamén decoran a propia cruz, salvo o lado correspondente o anverso onde hai unha figura de corpo enteiro atravesada por unha lanza.
No anverso vemos a representación dun cristo crucificado baixo a cartela de INRI. No reverso a representación da Piedade leva en brazos un cristo morto, figura que está moi hierática e en postura totalmente horizontal. As figuras caracterízanse por estar esculpidas de maneira que os trazos están pouco definidos, e incluso desproporcionados, e sen detalles. Ten moitas similitudes co cruceiro de San Martiño de Broño catalogado tamén nesta páxina.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Este cruceiro atópase no medio da aldea, pero nun lugar onde antigamente había un cruce de carreiros. Destaca polas súas proporcións.
Referencias bibliográficas:
Cadarso Liñares, José. El Arte en el Valle de Barcala
Faise referencia na web municipal:
http://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/turismo/que-ver/patrimonio?id=153
mais no plan xeral de ordenación municipal non se contempla.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9112198186Lonxitude: -8.76529544592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 21, 2021
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150561801.html
E as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Vol.II. Deputación da Coruña.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
CARDESO LIÑARES, José (2000). El arte en el Valle de Barcala. FEIRACO FUNDACIÓN (II)
Ademáis este cruceiro é BIC. Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html