Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Foz
Parroquia: Foz (Santiago)
Lugar: Foz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular, dividida en tres naves, cruceiro, capela e dúas capelas laterais. A nave central remata nun pórtico con tres arcadas e tres tramos de bóvedas de arista sobre arcos faixóns. Encima deste pórtico levántase a torre das campás, de tres corpos con balaústres e bolas.
A torre das campás foi construída por D. Basthian de Riva de Neira, segundo consta nun documento do ano 1716, feito co gallo da chegada a Foz de D. Xosé Ron, mestre de obras do Reino de Galicia, que veu revisar os deterioros da torre, bastantes importantes ó parecer. No século XIX vólvese a nomear esta torre nun documento, tamén a causa do seu deteriorado estado de conservación, e faise un plan de renovación completa.
No século XVIII será cando se acometan importantes reformas na igrexa, que acabarán coa planta orixinal. así, no ano 1738 reedifícase o adro e constrúense portas novas, e o ano seguinte reedifícanse as paredes que cinguen o adro. No ano 1754 constrúese unha oseira contigua á caseta que se fixo para a pía bautismal. No mesmo século derrúbase a capela maior co fin de aumentar o seu tamaño, e constrúese asemesmo unha nova capela dentro da igrexa, ó lado do evanxeo, que se corresponde coa que había no lado da epístola consagrada ós Dores de María Santísima.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-Panel informativo do adro da igrexa.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5666894993Lonxitude: -7.25688770416
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84