Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña (comarca) / Arteixo
Parroquia: Suevos (San Martiño)
Lugar: O Portiño
Outra denominación do ben: Base de Proxectores de Suevos
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Base militar de 1926 destinada a base de proxectores de iluminación nocturna do cal se conserva o posto de mando, no cumio de Punta Langosteira, formado por un habitáculo con viseira de fábrica de formigón e cuberto de cachotería de seixo para a súa camuflaxe; e unha estrutura destinada a acubillo dos proxectores e pranta eléctrica. É unha unha estrutura de planta rectangular de fábrica de formigón con cuberta alintelada e de medio canon en dous habitáculos. No seu día houbo tres postos de combate para os proxectores de 90 e 150 mm. de diámetro. pero non se conservan a dia de hoxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto, baterías antiaéreas -unha adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. Convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, encargándose dende entón da súa conservación e destinando as instalacións a parque público.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. P. 123


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3573219183
Lonxitude: -8.49019525016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84