Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña (comarca) / Arteixo
Parroquia: Pastoriza (Santa María)
Lugar: Monticaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Consta de dúas barbetas onde se sitúan os pozos, a día de hoxe sirven de xardiñeiras, sobre os que se montaban os canóns vickers de 15,24 cm., debaixo das cales se situaban os polvoríns e dependencias dos artilleiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente de modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto coma a que estamos a falar, baterías antiaéreas -unha adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. Convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, e desta batería que pasou a mans do concello de Arteixo.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. P. 122


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3440890493
Lonxitude: -8.47354552343
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84