
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña (comarca) / Arteixo
Parroquia: Pastoriza (Santa María)
Lugar: Monticaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Esta sección consta de dúas barbetas sobre as que ían montados dous canóns Vicker de 15,24cm, debaixo deles, e baixo a cota de terra, estaban as dependencias para as polveiras, o ascensor para elevar a munición ata os canón e o grupo electróxeno que facía funcionar tódolos mecanismos. Entre ámbalas dúas barbetas estaba o posto de mando nunha colina simulada con varias con cuberta de viseira e fabrica de formigón, onde se dispuñan o diferentes equipos de telemetría para guiar os disparos do canón. Acaroada a mesma hai unha barbeta ou posto para un canón antiaéreo de 22mm.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto coma a que estamos a falar, baterías antiaéreas -un adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. Convertendo á costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, e desta batería que pasou a mans do concello de Arteixo. Nesta sección consérvase un canón Vickers 15,24 cm. montado sobre a súa barbeta, outro aínda sen montar, e dous canon antiaéreos FT-44 máis un telémetro no posto de mando.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. P. 122
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os canóns estanse a oxidar pola súa exposición a intemperie.
Onde está localizado
Latitude: 43.3442770944Lonxitude: -8.46991986036
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84