Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Pieiro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Base subterránea escavada na rocha na elevación do cabo Prioriño Chico. Vemos unha entrada flanqueada por dous habitáculos destinados a tropa. O situado a esquerda inda vemos os restos dunha cociña. De fronte estendese un túnel cavado na rocha esténdese trazando unha curva. Ao final da curva o túnel ábrese en tres brazos, un que continua en liña recta e os outros dos de forma perpendicular, con carrís no chairo para desprazar o proxectores e protexelos da intemperie. Os tres brazos continúan ata abrise ao exterior nas paredes dos cantís. Deste xeito temos tres postos de combate para os proxectores un ao norte mirando a cabo Prior, outro ao norte dominando o mar aberto, e o derradeiro ao sur cubrindo a entrada da cala de Ferrol e con vistas a torre de Hércules e a batería de Monte de San Pedro. Na metade do túnel principal, vemos a man dereita outro habitáculo amplo con cuberta de bóveda de canón, supoñemos que ía destinado ao grupo electróxeno que abastecía de luz e electricidade o complexo. A carón deste habitáculo, no túnel principal, hai un túnel de servizo que sube verticalmente a un posto de mando no cumio do promontorio do cabo. O posto de mando está formado por un habitáculo de formigón con viseira cuberto de cachotes de granito.
No exterior e máis o norte, a medio camiño a punta Espasante, hai outro posto de mando de igual características ao situado no cumio deste complexo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto, baterías antiaéreas -unha adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. Convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello en 1997, encargándose dende entón da súa conservación e destinando as instalacións a parque público.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4634475452
Lonxitude: -8.34704417429
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84